O cartel
Un cartel anuncia algo ou informa sobre algo que ocorrerá. Hoxe, farás un cartel que logo colgarás nalgunha parte da túa casa.
- Le e fíxate ben no seguinte cartel:
- Responde:
De que informa o cartel?
Que aparece debuxado?
Que datos ofrece?
A quen vai dirixido?
Onde podemos encontrar un cartel coma ese?
- Elabora o teu propio cartel para informar á poboación sobre o CORONAVIRUS
CIENCIAS SOCIAIS
EXPERIMENTO - TINTA INVISIBLE
FACER COS PAIS E NAIS
FACER COS PAIS E NAIS
Imos xogar aos detectives creando mensaxes secretas que solo os mellores investigadores e investigadoras poderán resolver.
MATERIAIS
- Pincel ou bastoncillo de algodón
- Papel branco
- Limón
- Auga
PASOS
- Exprime zume de limón nun vaso e engade unha cullerada de auga.
- Remove a mestura.
- Coa axuda do bastoncillo ou o pincel, escribe a túa mensaxe no papel.
- Deixa secar.
- Pon unha vela debaixo (sen poñer demasiado cerca o papel) e poderás ler a mensaxe.
EXPLICACIÓN
O zume de limón oxídase e ponse de cor marrón cando se quenta, por iso podes ler a mensaxe. Ademais podes empregar zume de laranxa, mel diluido en auga, leite ou vinagre.
Estupendo!!! Gracias
ResponderEliminar