miércoles, 20 de mayo de 2020

Trabajo: Jueves 21 de mayo de 2020

LINGUA GALEGA

Hoxe aprenderás a escribir un correo electrónico para poder enviar textos, imaxes ou falar con amigos/as e familiares de forma moi rápida e sinxela.




  • Le o seguinte correo electrónico e contesta as preguntas:

Para: danielap@amiga.es
Asunto: UN FAVOR


Ola Daniela:

¿Poderías pasarme o correo da mestra de baile? É para avisala de que non vou ir o venres que ven. Xa me contarás que tal o pasades.
Un bico.

Ximena.



  • Quen escribe este correo electrónico?
  • A quen llo escribe?
  • Cal é a dirección de correo de Daniela?
  • Para qué escribe o correo?


  • Explica os pasos para enviar o correo electrónico da actividade anterior.
  • Pensa a quen lle poderías enviar un correo electrónico cos seguintes asuntos e de que trataría cada un:
Asunto: DUDA

Asunto: CELEBRACIÓN

  • Inventa duas direccións de correo electrónico para ti. Podes xogar co teu nome e apelidos, buscar un nome que te guste...
  • A quen lle escribirías un correo electrónico? Para que o farías? Que necesitas para escribilo? Pensas que sabrías facelo só?
  • Comenta cun familiar en que se parecen e cales son as diferenzas entre unha carta de un correo electrónico.
  • Para finalizar, escríbeme un correo electrónico a min. Pode ser do asunto que ti queiras. Se podes, faino dende un ordenador. Se non dispoñes de un, podes facelo dende unha tableta ou dende o móbil. Recorda pensar o que queres dicir antes de escribir a mensaxe, puntuar ben o teu texto e escribir maiúsculas despois de punto e nos nomes propios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario