martes, 2 de junio de 2020

Trabajo: Miércoles 3 de junio de 2020

LINGUA GALEGA

Contar unha anécdota


  • Investiga o que significa a palabra anécdota.
  • ¿Qué diferenza hai entre unha anécdota e un chiste?
  • Escribe e cóntame unha anécdota divertida da túa vida. Primerio, anota os datos importantes. Por exemplo, que pasou, onde ocorreu, cando sucedeu ou con quen estabas nese momento. Despois, decide como empezarás a escribir a túa historia.
Recorda escribir os feitos en orde cronolóxico. Escribe frases curtas e utiliza puntos para finalizar cada oración. Despois de punto recorda escribir con letra maiúscula. Revisa o teu escrito e le en voz alta a túa familia para recordar entre todos e todas ese momento.


  • Se lle contaras ao resto da clase a túa anécdota. ¿Como o farías? Escolle:
- Falando moi baixiño.
- Empleando distintos tons de voz.
- Facendo xestos e utilizando exclamacións.
- Usando unha linguaxe moi formal.
- Contando só o máis importante.
- Falando moi despacio.



CIENCIAS NATURAIS

Os dinosaurios

  • Visualiza o seguinte video:

  • Hoxe quero que escollas unha especie de dinosaurio, a que máis che guste. Despois, elabora un video grabado pola túa familia no que me contes todo o que saibas del. Procura que o video teña unha duración inferior a un minuto. Podes engadir a túa explicación debuxos, xoguetes e todo o que ti queiras. Ánimo! Estou desexando verte!

No hay comentarios:

Publicar un comentario